Imaxe corporativa

Misión

Ofrecer produtos de excelente calidade elaborados artesanalmente coas mellores materias primas, herencia da tradición conservera, para satisfacer as expectativas dos nosos clientes que queren o mellor do mar, respetando o medio ambiente e incentivando hábitos saudables no consumo.

Logo

SEGUNDA PROPOSTA DE LOGO

Conservas Maruxa   "Tradición con sabor a mar"

O nome da nosa marca MARUXA transmite a tradición, xa que é un dos nomes de muller con máis tradición en Galicia, reforzado aínda máis por unha muller con traxe tradicional galego que engade ademais a característica de artesanía.

As cores empregadas no logo son o branco, negro e azul, cores que identifican a elegancia, o mar e a Galicia.