Contable

Opinión de Jose Manuel

A empresa Conservas Maruxa é viable a partir do ano 5, sendo normal que durante os primeiros cinco anos de vida dunha empresa as cousas non vaian tan ben como se quixeran.

Observando a primeira gráfica dos ratios, vemos que a temos unha excesiva ratio de liquidez, que ben é por ter demasiados cartos líquidos ou demasiadas mercadorías sin vender no almacén. No ano 2 é excesivamente alta posto que é cando solicitamos o primeiro préstamo de 500.000 €, sendo o ano 5 o que máis se achega ao óptimo deste ratio. Isto tamén significa que vamos ter un fondo de manobra positivo (temos liquidez suficiente para facer fronte aos pagos que nos vencen a curto prazo).
A ratio de capitalización pon de manifesto que a empresa ao ser deficitaria e irse acumulando as perdas durante os primeiros catro anos, sofre unha descapitalización sendo máis acusada no ano 4 onde, a parte das perdas, comezamos a amortizar o préstamo solicitado no ano 2.

Por último a ratio de rendibilidade económica é positiva no ano 5 e supera o nivel marcado como óptimo e a ratio de rendibilidade financeira que só é positiva nos anos 2, 3 e 4 (cando hai perdas) e negativa no anos 1 e 5, pese a ter beneficios neste último.

Respecto da gráfica do modelo de Altman, nos primeiros 4 anos temos un risco moi alto de quebra, pasados os cales, o ano 5 amósase como de saída a frote e de asentamento da empresa.