Creativo
Creo que a clave está no ratio de capitalización e que son inasumibles esas cifras de patrimonio neto negativo. Non creo que obtivésemos o segundo crédito con eses números salvo que os socios previamente fixésemos novas e considerables achegas de capital. Tamén teño dúbidas sobre a legalidade do mantemento dese patrimonio neto negativo cos números resultantes.
Por outra parte, pódense producir variacións negativas sobre as estimacións de vendas que acrecentarían máis o problema.
De todos os xeitos, dadas as características da nosa empresa, creo que a análise está moi condicionada polo feito de poder utilizar só cinco produtos. En realidade, a gama de produtos sería moito maior e seguramente as sinerxías provocadas pola economía de escala cambiarían a mellor a análise.