Imaxe corporativa

Misión

Achegar aos nosos clientes a alta cociña baseada na combinación da tradición e innovación en cada un dos nosos pratos utilizando produtos ecolóxicos e locais de máxima calidade que conforman unha variada carta adaptada ás características persoais e expectativas do cliente para que viva toda unha experiencia gastronómica, visual e emocional no seo dun ambiente harmonioso

Logo

 

Restaurante Km0  "Un percorrido de sabores en estado puro"

O nome da nosa empresa fai referencia a unha nova forma de ver a gastronomía, baseada no "slow food" e en produtos ecolóxicos e locais. A nosa filosofía implica seguir os principios dos restaurantes quilómetro 0, de aí escollésemos este nome.

O logo segue a mesma liña. As cores identifícanse coa nosa forma de actuar. Aparecen cores ocres e azul en referencia aos produtos de mar e terra locais, e os verdes relacionados coa nosa razón de ser, os produtos ecolóxicos. Os símbolos fan referencia á travesía de sabores que pretendemos brindar aos nosos clientes e o slogan, situado de forma transversal e con letra cursiva, implica a velocidade que se pode alcanzar nesa viaxe. Está escrito en cores lume para transmitir que se empeza cunha explosión de sabores pola novidade que despois se vai estabilizando no noso padal (o que reflectimos no degradado da cor)