Estratexias de Prezos/Vendas

Produto
Estratexia de prezos
Xustificación
Prezo final sen IVE
Vendas Semanais
IVE
Cócteles Prezo de mercado

Para a elaboración de cócteles tamén utilizaremos materia prima de calidade, pero é algo bastante habitual na oferta de empresas da competencia dunha categoría semellante á nosa, polo que axustaremos os prezos e estableceremos un prezo medio semellante ao do mercado

5,45€

365

10%

Viños Custo máis beneficio desexado

Como é un produto sobre o que non imos a facer ningún tipo de elaboración, marcaremos unha porcentaxe sobre o prezo de custo para a súa venda ao público. Esta porcentaxe será dun 15% sobre o prezo de compra.

Prezo medio da botella (porcentaxe de beneficio incluído): 16,36 €

119

10%

Tapas Superior ao prezo de mercado

Baseándonos nos prezos da competencia, establecemos prezos un pouco máis altos que o prezo medio, debido á calidade da nosa materia prima e á utilización de moitos produtos frescos,así como a que existirán, dentro da oferta, tapas e racións para determinados colectivos (celíacos, intolerantes á lactoas, vexetarianos, veganos)

3,64€

77

10%

Menú de Carta

22,72€

207

10%

Racións

9,09€

232

10%