Estratexia de Segmentación

 

 

A estratexia seleccionada para segmentar o mercado é a de especialización en produto. Esta estratexia baséase nun produto único que atende a moitos segmentos do mercado. 

A nosa empresa ten uns atributos específicos, xa que é un restaurante kilómetro cero, e non existe en Galicia ningún outro establecemento coas características implícitas a esta denominación. Ofrecemos polo tanto un servizo especializado e cun alto grao de diferenciación respecto á competencia, apostando por unha cociña de calidade e por valores relacionados co medio ambiente e a recuperación de aspectos da cultura gastronómica tradicional. 

Para poder atender a todos os clientes, estableceremos diferenzas dentro do noso produto, ofertando diferentes tipos de opcións na nosa carta:

  • Tapas e racións
  • Menú á carta
  • Menús personalizados (pratos vexetarianos, aptos para celíacos...)
  • Ampla selección de viños e cócteles
 Polo tanto, contaremos con produtos e servizos cunhas características difíciles de atopar noutros restaurantes, atendendo á maior tipoloxía de clientes posible.