Accións Captación/Fidelización

Publicidade

  • Páxina web e redes sociais: Teremos contas nas redes sociais de máis importancia, onde manteremos a nosa oferta , publicaremos a nosa carta, que estará sempre actualizada, informaremos sobre xornadas... Intentaremos que sexa moi visual, con fotos dos pratos, cócteles… Tamén existirá unha páxina web actualizada dende onde se poden realizar reservas.
  • App da empresa: Ademais de servir de instrumento rápido e cómodo para realizar reservas, utilizarse tamén para intentar fidelizar clientela, a través de enquisas de satisfacción, ofertas, avisos sobre xornadas de degustación…

Promoción de vendas

  • Degustación de sobremesas de xeito gratuíto: cada vez que se renoven as sobremesas dentro da nosa carta, os clientes poderán degustalos de xeito gratuíto.
  • “Feliz aniversario”: Se os nosos clientes celebran o seu aniversario no noso local, serán agasallados cun cóctel e unha torta.

Fidelización

  • Campaña “degusta a túa receita” : Os clientes, a través da web da empresa, poderán propoñer receitas de pratos que lles gustaría atopar no menú. Os máis votados na web incluiranse no menú. Renovaranse periodicamente.
  • Invita a un amigo: Entregarase aos nosos clientes habituais unha tarxeta de “socio km 0”. Con esta tarxeta, cada vez que un socio consiga un novo cliente para o noso restaurante, faráselle un desconto dun 40% para el e un 20% ao invitado na próxima comida.
  • Durante o tempo de espera, antes de poder sentarse para comer, ofreceráselle aos clientes degustacións de pinchos innovadores.
  • Adaptación ao cliente: realizar pratos adaptados a eventos ou ocasións especiais (parellas en S. Valentín, grupos de amigos en Halloween…)

Relacións Públicas

  • Alianza con outras empresas km 0, promocionando os valores asociados á filosofía das mesmas para proxectar a imaxe de empresa con responsabilidade social.
  • Alianzas con empresas locais para promocionarnos mutuamente: principalmente con hoteis e casas rurais que non ofrezan servizos de restaurante.